Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Concello de Laxe convoca unha praza para a Biblioteca, sen esixir titulación específica a pesar da insistencia da oposición

Biblioteca de Laxe
O Concello de Laxe convoca unha praza para a Biblioteca, sen esixir titulación específica a pesar da insistencia da oposición

Dende o 29 de xuño ata ben superado o verán, estivo pechada a Biblioteca Pública Municipal Antón Zapata García de Laxe. Así o ten denunciado a oposición, tanto por parte do BNG, como de Unidas Podemos Laxe, lamentando unha situación que provocou a súa reapertura dende agosto con persoal que non posee unha cualificación específica para cubrir esta praza.

O Concello de Laxe semella que vén de atender as demandas e vén de convocar unha convocatoria para cubrir esas praza. Con todo a pesar das preguntas e mocións deste grupo municipal, sae publicada unha convocatoria que non esixe a titulación específica para a adecuada cobertura do posto.

Unidas Podemos Laxe denuncia esta situación por entender que é indispensable contar cun persoal académicamente preparado que garanta o mellor servizo público aos veciños e veciñas de Laxe.

Comentarios