Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Confraría de Laxe prepara unhas Xornadas de Pesca Artesanal para poñer en valor a lonxa

Xornadas de pesca artesanal de Laxe
A Confraría de Laxe prepara unhas Xornadas de Pesca Artesanal para poñer en valor a lonxa

Estas vindeiras fin de semana a Confraría de Laxe prepárase para artellar unha serie de actividades para poñer en valor a pesca artesanal e a calidade dos nosos produtos do mar, mesturando gastronomía e turismo.

Este sábado 30 e domingo 31 de xullo chega a á explanada do peirao vello a Ruta dos Peixes e Mariscos da Lonxa de Laxe. O sábado ás 12:00h haberá un showcooking e ás 19:30h un taller gastronómico para nen@s. O domingo repítese o programa. Para as actividades cómpre inscribirse no 608 27 49 00.

A primeira fin de semana de agosto o pósito, no marco tamén do proxecto Mar de Laxe, prepara a I Xornada de Pesca Artesanal “A lonxa do mar de Laxe”. A cita será o sábado 6 de agosto, comezando ás 11:00h cunha mesa redonda sobre consumo responsable, un taller para nenos, un showcooking, e pola tarde, o espectáculo de ver a poxa de peixe e marisco a partir das 17:00h.

Comentarios