Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Correos promociona o Asalto e o patrimonio artístico de Laxe

Correos emite un sello dedicado al patrimonio artístico de Laxe
Correos emite un sello dedicado al patrimonio artístico de Laxe
Correos promociona o Asalto e o patrimonio artístico de Laxe

Fíxase Correos na Costa da Morte durante este verán. Por un lado, o Correos e o Concello de Vimianzo asinaron un convenio polo que se promove o Asalto ao Castelo 2024 nas oficinas de correos. A cidadanía poderá ver a imaxe do festival a través das pantallas situadas nas oficinas de Correos de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo e Ponferrada.

As pantallas colocadas en Correos teñen unha gran visibilidade entre os cidadáns e son unha excelente oportunidade para difundir iniciativas e eventos locais en calquera lugar de España. Hai que lembrar que o ano pasado Correos recibiron máis de 96 millóns de visitas.

Selo de Laxe

Paralelamente, Correos vén de emitir un selo dedicado á Igrexa de Santa María da Atalaya de Laxe e ao Arquivo Fotográfico Vidal. Este selo, que pertence á serie Patrimonio Artístico, rende homenaxe a estes dous emblemas patrimoniais do Concello de Laxe, declarados Bens de Interese Cultural de Galicia.

O selo, o primeiro que destaca o concello coruñés, pertence á serie Patrimonio Artístico. Este número ten unha tirada de 117.000 exemplares e un valor de 2,10 euros. Pódese adquirir en calquera Oficina de Correos, a través de Correos Market ou contactando co Servizo Filatélico no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 915 197 197.

Comentarios