A Declaración de Camariñas provoca un Cambio de Rumbo medioambiental
É ben positivo ver que a sinatura comprimisos non quedan en papel mollado ou en simples declaracións de intencións. En agosto Concellos, confrarías e asociacións asinaban a Declaración de Camariñas, unha rúbrica para tomar en serio o coidado do medio mariño.
A primeira acción que nace como consecuencia desa Declaración, dentro de abano de iniciativas contempladas neste documento de intencións, terá lugar este vindeiro sábado 26 de outubro. Confrarías e Agrupacións de profesionais do mar, entidades ecoloxistas e voluntarios da Costa da Morte, viaxarán ao concello de Laxe para facer unha limpeza na súa praia.
”Unidos todos baixo o lema de “Cambio de rumbo” esta primeira ación conxunta de limpeza de lixo plástico será un acto cargado de simbolismo, poñendo en práctica unha vontade colectiva de esforzo e apoio mutuo, para manter a riqueza dunhas aguas que teñen que seguir sendo sustento da principal actividade económica e social da Costa da Morte: o marisqueo e a pesca de baixura”, explica un dos patróns desta fusión de colectivos, que non é outro que Xosé Manuel Barros, da asociación Mar de Fábula.
A cita está aberta a quen queira participar, e o lugar de encontro será ás 10:00h xunto a confraría. A organización levará luvas e bolsas e o Concello apoiará para a recollida final.
Novas relacionadas
- Agosto 19: Concellos, confrarías e asociacións asinan a Declaración de Camariñas de compromiso co coidado do medio mariño.
- A visión de Mar de Fábula sobre a Declaración de Camariñas.
LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019
- Limpando un mar de pequenos plásticos.
- Recollen unha moto, e centos de toallitas, na XII Limpeza simultánea no Río Anllóns.
- "As limpezas dos fondos mariños son fundamentais para facer a parte máis urxente”.
- 14 barcos de Corme únense á unha campaña internacional de reciclaxe de plásticos no mar.
- Os voluntarios de Abellariza limparon o piñeiral e o areal de Balarés:
- O alumnado do Manuela Rial conciencia a toda a cidadanía limpando a praia da Concha.
- A illa Lobeira, moito máis limpa polo Día Mundial dos Océanos.
- Estudantes, voluntarios e mariscadoras únense para limpar de plásticos o banco marisqueiro da Basa.
- As limpezas na praia de Area Maior reducen cosiderablemente a presencia de lixo.
- Limpando o supermercado de lixo plástico de Touriñán: