Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian a destrución da plantación colectiva de árbores autóctonas na Insua

  • O concelleiro electo de Unidas Podemos en Laxe interporá denuncia ante o SEPRONA pola a desfeita.
Destrucion Carballeira Insua Laxe 2
Así apareceron as árbores plantadas pola rapazada cos seus nomes inscritos nesas varas de paus
Denuncian a destrución da plantación colectiva de árbores autóctonas na Insua

Que sentido ten esnaquizar unha plantación de árbores autóctonas feita pola propia rapazada de Laxe?? quen, e por que fixo iso??

O colectivo Contramínate marchou onte para casa absolutamente desolados e desconcertados e continúan hoxe coas pesquisas para entender o ocorrido.

A realidade é que apareceron esfoladas máis de 200 árbores autóctonas do bosque que prantara a cativada da vila en 2021 no lugar da Insua. O chamado Proxecto Landras, desenvolto dende hai 6 anos polo colectivo Contramínate en colaboración co Concello de Laxe e o CPI Cabo de Area, vén de sufrir un duro revés, malia que aínda sobreviven moitas especies das 550 prantadas no seu día.

Polo de pronto non saben se foi unha limpeza irracional das brigadas municipais ou foi un acto de vandalismo. ”Descoñecemos quen realizou esta desfeita, así como os criterios de actuación aplicados neste espazo protexido”, explican incrédulas dende Contramínate, denunciando “unha intervención que ten visos de ser totalmente ilegal pola grande destrución e a forma en que foi realizada, que constitúe desde a nosa perspectiva, un verdadeiro atentado medioambiental”.

En calquera caso, si que hai indicios de ter realizado unha “limpeza” que apenas serviu para “eliminar o manto vexetal dun espazo natural onde as fieitas cumprían a misión de protexer a humidade do solo; ademais de abrir camiños sen orde nin criterio”.

Destrucion Carballeira Insua Laxe

Proxecto Landras

Desde 2017, cada outono o alumnado deste centro realizaba unha plantación de árbores nadas nun pequeno viveiro de sementes recollidas nos bosques do concello. Cada ano introducíanse novas especies: carballos, castiñeiros, acivros, loureiros, bidueiros, abeleiras, nogueiras, érbedos, sabugueiros , olmos, espiños, loureiros e rascacús.
As árbores son visibles, sinalizadas cunha cinta azul e marcadas cunha estaca onde consta o nome da crianza que a plantou.

O bosque precisaba limpeza: poda, clareo e tala de pólas e árbores mortas, recollida de leña seca e retirada dunha inxente cantidade de plásticos procedentes dun vertedoiro selado no ano 2005. E, por suposto, compría preservalo no seu carácter de espazo natural e protexido, enriquecéndoo con plantacións de especies autóctonas.

Asi estaba a carballeira do Proxecto Landras
Así estaba a carballeira do Proxecto Landras hai unhas semanas

Por todo isto, a asociación ambiental Contramínate reclamou en repetidas ocasións ó concello a necesidade de intervir na área dotándoa de tomas de auga, limpeza e apertura de camiños-cortalumes para acondicionar un espazo de lecer para a veciñanza e para protexela de posibles incendios.

Críticas de Podemos

 O concelleiro electo de Unidas Podemos en Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, e a formación, interporán denuncia ante o SEPRONA pola a desfeita. A formación, que levaba no programa a proposta de realizar na Insua un proxecto de parque como zona de lecer para a veciñanza non comprende dita actuación

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios