Deteñen ao autor de 27 roubos en vehículos por Bergantiños
Un dos coches roubados en Malpica
Ata 27 roubos en interior de vehículos que se atopaban estacionados na zona de Malpica de Bergantiños se lle imputan a un veciño detido estes pasados días polo Equipo de Investigación Roca da Compañía de Carballo, en colaboración co Posto da Garda Civil de Malpica. J.M.V.V. é acusado de 27 roubos que xeraron unha importante alarma social entre os habitantes entre os meses de de xullo e decembro de 2017, afectando na súa maioría a turistas.
O detido, un veciño da zona, trasladábase desde a súa vivenda a zonas costeras de gran afluencia de turistas e posteriormente dedicábase a fracturar as fiestras dos vehículos estacionados para acceder ao seu interior e subtraer obxectos que consideraba de valor.
Os efectos subtraídos e denunciados ascenden a máis de 12.000€, aínda que algúns dos recuperados xa foron entregados aos seus propietarios.
Material do detido por varios roubos en coches en Malpica
Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Decembro 17: Catro detidos en Carballo por suposto blanqueo na Operación Adriacar.
- Novembro 17: Operación Ninja Negro: Dous detidos por 7 roubos por toda a bisbarra vestidos de ninja.
- Outubro 17: Detido un home en busca e captura tras fuxir dun control e provocar un accidente.
- Agosto 17: Alertan dunha vaga de roubos nos miradores de Malpica.
- Xuño 17: Detido un carnotán tras sendos roubos en dous bares de Lira.
- Xuño 2017: Detido un condutor sin carné reicidente.
- Maio 2017: Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas.
- Maio 2017: Detido tras atracar un comercio en Cee a punta de coitelo.
- Maio 2017: Detido tras unha estafa online e un intento de roubo fallido en Correos.
- Maio 17: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).