mércores. 20.05.2026
El tiempo

Denuncian á Valedora do Pobo que o goberno do PP de Laxe leva 8 meses sen compartir unha documentación solicitada

Concello de Laxe
Denuncian á Valedora do Pobo que o goberno do PP de Laxe leva 8 meses sen compartir unha documentación solicitada

Novas críticas á xestión do goberno popular do Concello de Laxe. Ademais das queixas vertidas unha e outra dende o club de fútbol da vila (unha SD que non recibe un peso en axudas municipais, e que leva anos sentíndose abandono institucional, a pesar de que o propio alcalde, Paco Charlín, é membro da recén directiva recén saída), volve agora o BNG criticando a falta de transparencia do goberno local.

O grupo da oposición vén de denunciar ante a Valedora do Pobo que o Concello leva 8 meses sen dar resposta á petición de diferente documentación, relativa ao rexistro municipal de asociacións, e outra aos comodatos asinadops con particulares para a súa habilitación como aparcamentos en fincas privadas.

Lembran que a leira reguladora das bases de réxime local establecen 5 días hábiles para ofrecer a informacións aos grupos que a soliciten, polo que se entenden concedidas por silencio administrativo.

Comentarios