Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dúas atrapadas tras un accidente en Traba

Accidente en Traba
Dúas atrapadas tras un accidente en Traba

Esta pasada tarde de luns, arredor das 15:15h, rexistrábase un accidente na recta de Traba de Laxe. Dous vehículos sufrían un choque lateral, quedando dúas persoas atrapadas. Os Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso tiñan que excarcerar xunto cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha das persoas foi trasladada en Helicóptero ao Complexo Hospitalario de Santiago, e outra en ambulancia ao Hospital de Cee.

Ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil e Policía Local de Laxe co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comentarios