Eleccións #24M Laxe: O PP supera ao PSdG nunha votación que deixa ao BNG como chave de goberno
00:37 25/05/15
Parece que a marcha do actual alcalde Antón Carracedo, fixo dano ao PSdG que perde case 150 votos dende o 2011, mantendo aqueles 5 concelleiros, pero que deixa ao PP como primeira forza, con 105 votos máis, e unha gran subida, do 32% ao 46%. Con 5 concelleiros tamén queda o PP deixando ao BNG, cun concelleiro, como posible chave de goberno.
En principio, o probable alcalde sería o novo candidato do PP, José Luís Pérez Añón, pero o apoio do BNG de Xosé Manuel Pose Lema ao PSdG podería facer alcalde a José Manuel Mouzo Castiñeira.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).