Esquerda Unida e Podemos unen forzas en Laxe de cara ás Municipais

09:46 27/03/23
Dúas novas formacións unen forzas en Laxe para intentar ter presencia no pleno. A militancia de Esquerda Unida de Laxe e Podemos Laxe veñen de sunar un acordo para presentarse conxuntamente baixo o nome de “Unidas Podemos”.
O candidato será Fernando Del Moral Regaldie, a proposua de Podemos, buscando facer unha política de “progreso, de transformación e de cambio, de defensa do público, feminista, ecoloxista, municipalista e republicana para ofrecer unha alternativa electoral útil, alternativa e ilusionante ás cidadás e os cidadáns de Laxe”.
Pronto compartirán a lista.