xoves. 14.11.2024
El tiempo

A Garda Civil desaloxa o bar da confraría de Laxe

Bar de Laxe que servia
A Garda Civil desaloxa o bar da confraría de Laxe

O Equipo Roca da Garda Civil de Carballo informar de que o pasado 1 de abril tivo que desaloxar o bar da Confraría de Laxe, por estar servindo bebidas en pleno estado de alarma. Un bar, a Casa do Pescador, alugado polo pósito a un particular.

Se ben moitos veciños aseguran que estivo case permanentemente pechado, a Garda Civil detectou que o incumprimento da norma realizouse de xeito habitual, abrindo o local para un grupo reducido de persoas. A Benemérita asegura que se consumían bebidas alcohólicas e se fumaba n interior.

O equipo Roca propuxo a sanción, e informa que xa se formularon 8 denunciaas na localidade de Laxe nos últimos dous días.

Dase a circunstancia que un deses tamén estivo na Confraría o Servizo da Garda Civil do Mar e avisaron de que podía caer unha sanción por non respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros. Un día que chegaron 700 kilos de xarda, e malia estar pechada (só poden acceder uns poucos) o espazo é moi reducido e manter a distancia é complicado.

 

Novas sobre o cumprimento da corentena

Comentarios