Venres. 29.03.2024
El tiempo

1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento

1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento

Parece que as multas por incumprimento das normas do estado de alarma van aumentando. Esta semana dabamos conta de dúas multas de 360 e 480€. Hoxe o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, en funcións de garda, vén de condenar, ao pago de dunha multa de 1.440 euros un home, por un delito de desobediencia grave a axentes da autoridade, despois de chegar a un acordo entre as partes.

O veciño de Vimianzo foi incerceptado fóra da súa vivenda en 8 ocasións, durante os días 22, 23, 24, 26 e 30 de marzo. A primeira vez, advertíronlle de que non podía saír da súa casa para ir tres ou catro veces ao día á gasolineira. Ao día seguinte, descubrírono en Cee e en Fisterra, localidades ata as que asegurou que se desprazou “para dar un paseo”.

O día 24 localizárono axentes da Garda Civil cando conducía o mesmo vehículo acompañado por outros dous mozos. As dúas veces argumentaron que saíran a dar unha volta “por estar cansos de estar na casa”. O día 26 volveu pilotar o coche por Vimianzo e, ao ser parado por axentes da Garda Civil, limitouse a dicir que se atopaba “dando un paseo”.

Unha hora despois interceptárono na estrada AC-552, no termo municipal de Vimianzo, e díxolles aos funcionarios que se aburría no seu domicilio. Case no mesmo punto quilométrico localizárono o día 30 cando, sen causa xustificada, estaba acompañado dunha rapaza.

Sexto pasamento

Ademais esta mañá rexistrouse un novo falecimento polo coronavirus. Un veciño octoxenario de Parada, Carnota, que se atopaba

Novas sobre a corentena

Comentarios