Venres. 07.08.2020
El tiempo

Tres mozos detidos en Vimianzo por incumplir as normas de confinamento

Un bar-estanco do termo municipal de Zas foi sorprendido poñendo bebidas aos seus clientes
Posto da Garda Civil de Vimianzo
Posto da Garda Civil de Vimianzo
Tres mozos detidos en Vimianzo por incumplir as normas de confinamento

Este pasado 1 de abril, a Garda Civil de Vimianzo detivo a tres veciños da localidade de 25, 24 e 19 anos, polo incumprimento reiterado das normas de confinamento polo coronavirus.

Dous deles, parella, foron detidos ás 20:30h nun control á entrada da Autovía AG-55, despois de comprobaren que circulaban sen causa xustificada, xuntos no mesmo vehículo, sendo a 5ª quinta vez que o varón era sancionado na última semana. Ademais, os axentes denunciaron a actitude do rapaz, amosando “total desdén e indiferencia” polas indiciónas dos axentes e as obrigas do Estado de Alarma. “Estou dando un paseo” foi a excusa que deu en varias ocasións, ata que foi detido por un delito de Desobeciencia.

Máis tarde, cando a patrulla se atopaba no Posto, tiña lugar a terceira detención, unha que vez que un amigo dos detidos, que xa incumplira en varias ocasións as normas, presentouse no Cuartel cun ladrilllo na man facendo o amgago de lanzalo a unha fiestra para intentar axudar aos seus amigos a fuxir.

Ao ser sorprendido polos axentes, intentou fuxir pero foi detido, e lle foron instruídas dilixencias por un Delito de Desobediencia grave.

Tras prestar declaración foron postos en liberdade á espera de ser citados pola Autoridade Xudicial.

Tomando o sol

Ademais, unah veciña vimiancesa quere facer unha denuncia pública, dando conta da xente que se salta o confinamento tomando o sol en plena praza da igrexa, no medio da vila. 

Tomando o sol en Vimianzo

Bar-estanco aberto no termo municipal de Zas

Así mesmo, os axentes ese mesmo día levantaron unha acta administrativa a un bar-estanco do termo municipal de Zas, que estaba aberto servindo bebidas aos clientes, incumpriundo a norma do Estado de Alarma.

Foi o segundo establecimento público que foi sorprendido estes estes días por levar a cabo actividades contrarias ao Real Decreto 463/2020.

Unha multa a un carballés

O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, en funcións de garda, condenou ao pagamento dunha multa de 360 euros, como autor dun delito de desobediencia, un home por incumprir o confinamento. O acusado recoñeceu os feitos que lle imputaba a Fiscalía e chegou a un acordo sobre a pena, polo que a sentenza se ditou baixo a conformidade de todas as partes implicadas no procedemento. O investigado foi sorprendido hoxe sobre as nove e media da mañá por axentes da autoridade cando conducía un vehículo á altura do lugar dos Pinos (Carballo). Tras ser identificado e advertido de que non podía circular por vía pública debido ao estado de alarma, foi requirido polos funcionarios para que se dirixise ao seu domicilio de forma inmediata. Ademais, segundo consta na sentenza, informáronlle expresamente de que, en caso contrario, podería incorrer nun delito de desobediencia.
A pesar diso, o acusado volveu ser sorprendido, tan só dez minutos máis tarde, tentando acceder ao mesmo camiño forestal. Os axentes comprobaron que xa fora denunciado administrativamente noutras dúas ocasións o día anterior por incumprir a obriga de confinamento.

O xulgado, tal e como recomenda a Comisión de Seguimento da crise sanitaria COVID-19 do TSXG, utilizou medios telemáticos para a celebración do xuízo rápido de conformidade. Tanto o detido, desde o cuartel da Garda Civil de Carballo, como a súa letrada interviñeron por videoconferencia.

Novas sobre a corentena

comentarios