Percebeir@s de Galicia únense na Asociación PERCEGA un día antes de manifestarse contra a permisividade da Xunta cos bateeiros
Esta tarde de xoves 16 de marzo de 2023, tivo lugar a unha primeira reunión da que será Asociación Profesional de Percebeiros de Percebeiras de Galicia (PERCEGA). A través dunha reunión celebrada na sede do GALP en Buño, e retransmitida tamén por zoom, profesionais de toda Galicia únense a esta idea xerada na Costa da Morte, para poñer en valor o seu traballo, a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO e para unir forzas ante o lobby bateeiro.
Fano ademais un día antes da manifestación convocada para este venres 17 de marzo ás 12:00h en Ribeira, para protestar contra apertura para extracción da mexilla dalgunhas das poucas zonas que foron reguladas o pasado ano.
Unha manifestación que contará con buses gratuitos dende Muxía (ás 9:30h dende a lonxa de Muxía) e dende Corme.
Durante a reunión, Santi Pérez Haz (Muxía) e Roberto Vidal (Corme), fixeron de anfitrións en presencia de profesionais de Carreira e Aguiño, Corme, Ferrol, Malpica, Laxe, Camariñas ou Ferrol (faltaron os da zona de Fisterra-Corcubión polo funeral de Enrique Coo), e mesmo algún profesional de México, Canadá, Chile e Perú.
“Estamos aquí para empezar a movernos, facer unión e forza, para loitar contra a presión que sufrimos”, sinalaron algúns dos participantes, nesta demostración de unión.
Si houbo debate e quedaron pendentes varios puntos de interese para a formalización oficial da Asociación nunha vindeira reunión presencial.
Manifesto para a Manifestación de Ribeira
O pasado venres 11 de marzo a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de A Coruña, ante as novas xurdidas arredor do conflito percebeiros bateeiros pola extracción de mexilla e a súa interacción co percebe, convocou de urxencia unha reunión cos representantes das confrarías de a provincia con plans de explotación de percebe aprobados e en vigor actualmente.
No DOG do 31 de decembro de 2021 publicouse a Orde pola que se aproban os plans de xestións para os recursos específicos, entre eles os plans de xestión do percebe. Tras moito tempo de negociacións, propostas eliminadas, e moitas concesións por parte das Confrarías, conseguiuse que estes plans de percebe incluíran unha nova medida, zonas de exclusión para a extracción de mexilla nas areas máis significativas dos bancos de percebe.
A aprobación dos plans con esta norma foi considerada no seu mome nto polo sector coma unha aposta valente e decidida por parte da Consellería do Mar, un pequeno paso cara adiante, a espera de continuar por este camiño, por isto mesmo causa estupor que se ceda ante as presións do sector bateeiro, e de xeito unilateral se contemple a posibilidade de saltarse a normativa aprobada pola Consellería competente na xestión dos recursos marisqueiros e pesqueiros e abrir zonas que, a proposta das Confrarías, tiñan pechadas á extracción da mexilla.
Durante a reunión os distintos representantes resaltaron que do total do litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra, na de Lugo non se pode extraer mexilla, só un 16 % de ese litoral esta vedado a extracción de mexilla, dito de outro modo, no 84 % do litoral de A Coruña e Pontevedra é posible a súa recolección.
Somos conscientes que está a ser un mal ano para a recolección da semente de mexillón, exactamente igual de malo que para o percebe, aqueles que vivimos da pesca ou do marisqueo sabemos que estamos expostos a estas circunstancias, dependemos do estado de recursos naturais, os cales teñen a mala costume de atravesar épocas de escaseza. Dende as Confrarías no se cree que a apertura de un 16 % de costa sexa a solución a escaseza de mexillón no 84 % restantes. Sen embargo para os percebeiros ese 16% é moi importante, xa que se trata de zonas seleccionadas precisamente pola súa importancia, xa sexa por cantidade ou por calidade, perder esas zonas pode ser un autentico drama nun ano xa de por si complicado. Os percebeiros non teñen máis opción que recolectar o percebe que se encontra nas pedras, pero para os bateeiros existen outras posibilidades como son a situación de colectores para a fixación de semente.
Dende a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de A Coruña, e tras a reunión sectorial mantida o pasado dia 11 de marzo esiximos o cumprimento da normativa actual e que se respecten escrupulosamente os plans de xestión de percebe para que esta norma non quede en papel mollado. Por outra banda informamos que as Confrarías de Pescadores de a Provincia de A Coruña co apoio da Federación Provincial comezaremos a realizar unha serie de mobilizacións que se iniciaran este próximo venres 17 de marzo cunha concentración pacífica nas inmediacións da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar en Ribeira ca intención de defender o noso modo de vida.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Xaneiro 23: Aproveitando o Madrid Fusion para ampliar a rede de distribución o Percebe da Barca.
- Xaneiro 23: Percebeir@s da Barca e de Corme lideran a creación dunha Asociación Galega de Percebeiros e Percebeiras.
- Xaneiro 22: Os percebeiros piden incluír a palabra “percebeiro-a” no Diccionario da RAG e da RAE
- Decembro 22: Os Percebeiros da Costa da Morte preparan a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
- Novembro 22: O PSOE e PP únense para devolver a impunidade ao sector da mexilla fronte ao percebe.
- Xaneiro 21: A extracción da mexilla volve poñer de manifesto a dobre vara de medir da Xunta cos percebeiros.
- 30-11-21: Estas son as zonas de 5 Concellos da Costa nas que a Xunta limita a extracción de mexilla para garantir a convivencia co percebe.
- Setembro 21: O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.