![Libro de Xan Fdez Carrera sobre a vida fotografica de Jose Vidal-Laxe]()
Unha das pezas fundamentais do proxecto da
recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal, polo que leva apostando a Concellería de Turismo e Comercio de Laxe dende hai máis dun ano, xa está vivo. Mentres o
Museo do Mar de Laxe vai collendo forma, en base a unha exposición do fotógrafo laxeiro,
xa é unha realidade o libro “José Vidal. Unha vida dedicada á fotografía”.
O seu autor,
Xan Fernández Carrera será o encargado de debullalo na explicar na presentación oficial, que se celebrá este venres 10 de agosto a partir das 19:00 no propio Museo do Mar.
O libro recolle a biografía e obra de José Vidal García (1900-1988), quen exerceu esta profesión ao longo de máis de 50 anos. Un traballo, xunto co de Ramón Caamaño, para o estudo do devir da Costa da Morte e de toda Galicia dende a década dos 20 ata a dos 70, do pasado século.
Xan tivo que facer unha selección das 500 imaxes que saen no libro, do arquivo co que xa conta o concello, que supera as 65.000 unidades fotográficas entre negativos e positivos en papel. O libro vai escollendo temáticas, comezando pola súa súa vila natal, Laxe, e indo ata a de Corme, onde levaba tamén a oficina de correos.
O libro reflicte que Vidal é un “fotógrafo da xente, pola cantidade de fotos de grupos humanos que inmortalizou en celebracións familiares, romarías, feiras…”, como define o propio Xan.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/2018-o-ano-da-recuperacion-do-arquivo-fotografico-vidal/
https://quepasanacosta.gal/nova-axuda-provincial-para-potenciar-o-museo-do-mar-de-laxe/