Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laxe abríu as portas da súa lonxa

FOTOS LAXE- Xornada pesca artesanal 2 copia
Laxe abríu as portas da súa lonxa

Abríu as portas a Lonxa de Laxe a todo o mundo, nas I Xornadas de Pesca Artesanal ‘A lonxa do mar de Laxe’. Unha cita organizada pola Confraría de Pescadores da vila para poñer en valor este tipo de pesca, moi vencellada á tradición familiar, e resaltar a calidade dos produtos do mar.

Ao longo do sábado, houbo numerosas actividades, destacando o feito de poder ver a poxa, a subasta, en pleno funcionamento. Houbo tamén talleres gastronómicos dirixidos aos máis pequenos e pequenas e dous showcooking, e varias charlas sobre consumo e peixe, así unha interesante mesa redonda sobre o mundo do mar.

FOTOS LAXE- Xornada pesca artesanal 7 copia

Esta I Xornada de Pesca Artesanal púxose en marcha a través do proxecto ‘Mar de Laxe’ e contou coa colaboración do GALP Costa da Morte, a Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca).

FOTOS LAXE- Xornada pesca artesanal 6 copia

FOTOS LAXE- Xornada pesca artesanal 3 copia

Comentarios