Luns. 21.10.2019
El tiempo

Laxe define o perfil do seu visitante

Laxe define o perfil do seu visitante

O Naufraxio de Laxe-Festa Interese Turístico e foco de veran O Naufraxio de Laxe, Festa Interese Turístico é un dos focos do verán laxeiro Laxe está empeñado en loitar pola desestacionalización do sector turístico. Faino a través de programas como o ReLáxese o que non lle impide ver a importancia do verán para a economía municipal. Por iso a Concellería de Turismo de Laxe impulsou un estudo técnico, consistente na realización de 3.820 enquisas a visitantes que pasaron polo Punto Municipal de Información Turística entre o 8 de xullo e o 16 de setembro de 2018. Un estudo do que se poden extraer datos reveladores sobre as características da demanda turística, absolutamente necesario para “coñecer a realidade que nos rodea e realizar planificacións e proxectos con clara vocación de eficiencia”, explica a técnico María José Mato. “As técnicas de análise do mercado turístico son fundamentais, por iso dende a Concellería de Turismo decidimos apostar pola investigación e análise de datos turísticos. Considerando que este tipo de información é moi valiosa porque nos permite tomar decisións e adoptar medidas necesarias para desenvolver programas baseados en datos fiables, e non en simples expeculacións”. Eses datos, despois de cociñar sacan xugosas conclusións que serven para realizar planificacións e proxectos “en base a datos fiables, en non a simples expeculacións”. Así, entre as conclusóns máis interesantes que saíron do complero informe, destacamos as seguintes: Turistas facendo actividades nauticas en laxe Turistas facendo actividades náuticas en Laxe

Madrid e coruñeses

A demanda está principalmente formada por persoas que se moven dentro do seu propio país de residencia (88% de españoles). No mapa xeográfico de España, as persoas provintes de Madrid (25%) superan, cun 5%, en cifras redondas, ó numero total de turistas galegos (20%), dos que a meirande parte son coruñeses (60%). Castilla y León e o País Vasco (ambos co 9%) son os seguintes lugares. No ámbito internacional, destaca a presencia dominante de turistas franceses, cun 31%, por un 18% de alemáns.

Establecimento regulado

Para 5 de cada 10 persoas usuarias, o establecemento regulado é a elección preferente. Este dato debe analizarse con especial interese porque permite determinar tamén que do total das persoas que pernoctan en Laxe, a metade están aloxadas en servizos regulados (turismo rural, hoteis, hostais e apartamentos turísticos) e requiren a información que se lle ofrece no servizo público de turismo.

Primeira visita

Existe unha bolsa do 65% de clientes novos, para os que a súa visita a Laxe supón o primeiro contacto coa zona.

Tres motivos principais para visitarnos

As motivacións para visitar Laxe son:

  • A realización dunha ruta integrada pola Costa da Morte ou Galicia,
  • O interese específico polo patrimonio –sexa cultural ou natural–,
  • A búsqueda de tranquilidade e descanso.

Información comarcal

O Punto Municipal de Información Turística de Laxe é tamén un servizo de información e acollida do que se benefician turistas aloxados noutros concellos da Costa da Morte. Destacan as cifras de consultas efectuadas por persoas hospedadas nos concellos de Cabana de Bergantiños cun 23,90%, Camariñas cun 11,34%, e Malpica de Bergantiños tamén cun 11,34%. Ademais, 5 de cada 10 visitantes solicitan recibir indicacións sobre os puntos de interese, en xeral e sen especificar, que se poden visitar tanto no Concello de Laxe coma noutros Concellos da Costa da Morte. Así, información que se ofrece no punto municipal de información turística direcciona os fluxos turísticos.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-volca-o-inverno-na-gastronomia-e-a-enoloxia/

Artigos turísticos de María José Mato en QPC

Comentarios