Luns. 09.12.2019
El tiempo

Laxe escribe marzo con M de Muller

Laxe escribe marzo con M de Muller
Cartel mes da muller 2018 laxe xeral copia Liamos onte o manifesto das Buseranas costeiras sobre a folga internacional deste 8 de marzo. O Concello de VImianzo facía tamén un comunicado de apoio á folga, e hoxe é o Concello de Laxe o que presenta o programa con “M” de muller, que encherá de actividades a vila laxeira durante este mes de marzo. Baixo as etiquetas “#Cóidate, Quérete”, o Día Internacional da muller celébrase durante todo o mes. Exposición, teatro local e moito máis.

Exposición fotográfica

Exposicion FEMME de Senen Insua en Laxe Comeza a programación coa inauguración unha exposición fotográfica adicada á muller titulada “Femme” do autor corcubionés Senén Ínsua. A exposición, composta por un total de case 20 obras, poderá ser visitada dende o xoves día 8 de marzo a partir das 10 da mañá no 2º andar da Casa do Concello en horario de apertura de oficinas durante a semana, de 8.00 a 15.00 horas, e os sábados do mes de marzo de 10.00 a 14.00 horas. En palabras do propio autor: "“Femme" é unha seríe fotográfica que, dende unha perspectiva critica e directa, pretende afondar nos problemas que atinxen as mulleres na actualidade; dende os roles de xénero instituidos socialmente dende a infacia, ao sentimento de culpa sobre a visibilidade do seu corpo pasando por as trabas impostas a nivel laboral, cultural, estético e intelectual.” Foto da exposicion FEMME de Senen Insua-Modelo-Flavia Macia Foto da exposicion FEMME de Senen Insua-Modelo-Flavia Macia

Teatro local

O Teatro de Avoas trae a súa obra “Inseguridades” a Laxe. Creada e protagonizada na súa totalidade por mulleres adultas veciñas do concello laxeiro. A cita será o domingo 11 de marzo ás 19:00 da tarde no Salón de Actos Municipal, terá lugar a representación da obra “inseguridades”. Participarán na presentación un grupo de rapazas novas, “Juapas, con J” e tamén o grupo de Pandereteiras Andora.

Charla obradoiro

Impartida pola asesora nutricional Noa Vázquez Rendal, o sábado 10 ás 5 da tarde, no Local Social Valle Inclán terá lugar esta actividade na que as persoas asistentes poderán aprender e practicar diferentes hábitos dunha alimentación saudable, coñecer cales son os erros maís comúns da nosa dieta diaria e cales son os hábitos saudables que debemos acadar para manter forte a nosa saúde. Tamén se cociñará algunha receita con ingredientes sans que deben formar parte da nosa alimentación.

Zumba na rúa

Pódese achegar quen queira a facer exercicio, o sábado 17 ás 5 da tarde, na Praza de Ramón Juega ou en parvulitos (Praza dos Voluntarios) se o tempo non acompañara.<(p>

Marcha saudable

Terá lugar esta marcha o domingo 18, con saída ás 11 horas de diante da Casa do Concello e cuxo itinerario percorrerá diferentes rúas de Laxe. Ó finalizar á marcha, na Praza dos Voluntarios, haberá avituallamento para as persoas que participen na marcha.

Obradoiro de defensa persoal

O mesmo día que a marcha, de 5 a 8 da tarde, no Pavillón Polideportivo municipal, terá lugar este obradoiro, no que as persoas participantes poderán aprender diferentes técnicas de defensa persoal que farán que se incrementen sen dúbida os niveis de seguridade, autonomía e autoestima persoal. O obradoiro está destinado a mulleres a partir dos 12 anos. Para poder participar neste obradoiro, é imprescindible inscribirse previamente no concello. O obradoiro será impartido por Nelson Moreno Cuta, mestre con formación específica neste ámbito.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios