Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe impulsa o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela

Laxe impulsa o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela
Penedos de Traba e Pasarela - O Oso - Foto- Victor Santos O Oso dos Penedos de Traba e Pasarela - Foto- Victor Santos

Son o único espazo catalogado como Paisaxe Protexida da Costa da Morte. Pero de pouco vale O seu Plan de Convervación debería ser xa unha folla de ruta que nos servise para a posta en valor dun espazo tremendamente singular, pero 9 anos despois da súa catalogación a Xunta non moveu un só dedo.

Intentouno xa Vimianzo hai uns anos, e agora tócalle a Laxe impulsar ese “Plan de Conservación dos Penedos de Pasarela e Traba”, para sacalo do caixón.

Será no marco do ambicios programa Reláxese2018, que esta primavera está adicada á ciencia e á cultura. A primavera traerá jazz, traerá historia fotográfica a través da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal e con sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente; trae a href=https://quepasanacosta.gal/con-x-de-peixe-o-novo-escudo-de-laxe/>gastronomía mariñeira coas xornadas Con X de Peixe, traerá turismo xeolóxico arredor minas históricas, e arredor dos Penedos de Traba e Pasarela.

Laxe intentará activar a solicitude do Plan de Conservación e Protección para os Penedos ante a Xunta de Galicia . Farao a través dunha mesa redonda con Augusto Pérez Alberto, Catedrático de Xeografía; Xosé María Lema Suárez, escritor e historiador e presidente do Seminarios de estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), a entidade que máis ten feito para a conservación deste espazo; Xosé Ameixeiras, xornalista de La Voz de Galicia; Manuel Antelo, Alcalde do Concello de Vimianzo; e Xosé Manuel Pose Lema, Concelleiro de Turismo de Laxe. A mesa leva un título claro: “Un impulso ó Plan de Conservación dos Penedos de Pasarela e Traba”.

O debate aberto será o venres 1 de xuño.

Historia da fotografía: O Fondo Fotográfico Vidal

O Fondo Vidal , e a fotografía, terán tamén presenza dentro da programación de carácter cultural. Farano a través de sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente.

Novas dos Penedos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios