Venres. 07.05.2021
El tiempo

Laxe intenta reconducir o tráfico de autocaravanas polo casco

As autocaravanas non poden meterse polo casco de Laxe
Novas sinais de tráfico para as autocaravanas en Laxe
Laxe intenta reconducir o tráfico de autocaravanas polo casco

Continúa medrando o turismo de autocaravanas na comarca. E en vilas como Laxe, ás veces xorden problemáticas urbanísticas. Moitas entran na vila e, seguindo as recomendacións do GoogleMaps métense por rúas demasiado estreitas, e provocan serios problemas de circulación. Ás veces chegan a meterse pola Casa do Arco, provocando mesmo que algunha quedase atrapada.

Para intentar solventar os problemas máis grandes o Concello está instalando sinais de prohibición en certas rúas que se convirten virtualmente en rúas de sentido único.

A proposta do Concello é que deixen a autocaravana na zona do porto e vaian andando ata a Praia dos Cristais ou ao Faro, xa que non se permitirá as autocaravanas circular polo camiño que conduce ao Cemiterio e á Praia dos Cristais desde o cruce onde está o Miradoiro da Insua.

Así mesmo, a partir de agora a Rúa do Cantón é dun só sentido. Para poder acceder a Rúa do Cantón desde a Rúa de Rosalía de Castro haberá que coller a entrada existente entre “Ancora Taberna” e o “Recodo de Antía”, e para saír da Rúa do Cantón cara a Rúa Rosalía de Castro teremos que coller a vía que remata na oficina de “Axa seguros”

Prohibicion autocaravanas en Laxe

Área para autocaravanas

En Laxe non hai área para autocaravanas, polo que é moi habitual velas pernoctar no peirao, na zona do campo do Escaravello, ou na área de recreo de Mórdomo.

En calquera caso, o Concello está estudando a posibilidade de abrir unha nova área. Non desbotan a zona fetiche de Soesto, pero consideran que son “moitos os permisos que hai que solicitar”, e teñen pendentes unha reunión cunha empresa especializada comarcal para intentar abrir unha área de índole pública, ou privada.

Novas relacionadas

comentarios