Laxe pide financiamento para rehabilitar e poñer en aluguer social as casas dos mestres
11:48 20/02/20
Tomou bo anota o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, da reforma e posta e aluguer social das Casas dos Mestres de Cabana. Así, este pasado mércores mantivo unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para estudar posibilidades de colaborar nun proxecto municipal que ten como obxectivo acometer a rehabilitación de tres das dez antigas vivendas situadas na zona escolar. As outras sete quedarían para máis adiante.
A Conselleira invitou ao alcalde a adherirse ao programa de vivendas baleiras da Xunta, cuia convocatoria sairá antes que remate o trimestre.