Luns. 07.10.2024
El tiempo

Laxe prendeu o Nadal

Encendido Nadal Laxe2
Laxe prendeu o Nadal

Dende o parque infantil de Coéns, pasando polas árbores das parroquias de Aprazadoiro, Matío, Boaño, Traba, Mórdomo, A Torre, Soesto, Serantes, ata o centro do casco urbano, Laxe prendeu este domingo o seu alumeado de Nadal.

Unha árbore verde, fogos de artificio e mesmo un chocoloatiño con churros amenizaron a sesión.

Porgrama

Laxe_Programación Nadal 2022

Dase así por inaugurada a programación de Nadal, que xa arrincaba este sábado coa maxia de David Méndez.

A próxima fin de semana contará con actividades máis culturais e de ocio. En concreto, o sábado 17 será unha xornada de teatro familiar coa obra ‘Ás para Álex’ de Baobab Teatro. Será no Salón de Actos da biblioteca ás 19:00 horas. O domingo 18 haberá baile social desde as 18:00 horas no local social de Traba.
O martes 21 e o mércores 22 Papá Noel e os Reis Magos visitarán ao alumnado do CPI e das Escolas Unitarias.

Esta programación tamén conta cun festival de panxoliñas que se celebrará o venres 23, ás 20:00 horas, na igrexa de Santa María da Atalia.

Por outra banda, desde o Concello tamén se organizou o campamento ‘Nadalaxe’, dirixido á rapazada de 6 a 12 anos. Desenvolverase do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro no pavillón polideportivo en horario de 10:00 a 13:00 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poderán formalizarse desde o próximo luns 12.

Como colofón, o 5 de xaneiro celebrarase a cabalgata de Reis desde as 15:00 horas. Esta percorrerá todas as parroquias e, a súa chegada ao pavillón polideportivo de Laxe, haberá fogos de artificio. Ademais, as persoas asistentes poderán gozar de inchables, animación, karaoke, obradoiros, rosca e chocolate de balde.

Comentarios