Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Laxe prepárase para o seu Naufraxio

Laxe prepárase para o seu Naufraxio
Imaxe do Naufraxio de Laxe-Foto-Mardelaxe

Unha das festas de Interese Turístico Galego da Costa da Morte terá lugar esta fin de semana. O vindeiro 17 de agosto de 2014 terá lugar dentro das Festas do Carme de Laxe a representación do Naufraxio, unha homenaxe á protección da Virxe do Carme.
O naufraxio foi instaurado en 1962 por un mariñeiro de Laxe, Avelino Lema Santos, que sobreviviu a tres naufraxios. Un Avelino que trouxo esta tradición dunha pequena vila de Perú, onde emigrara, onde aínda se practica esta fermosa e simbólica tradición.

Así, a misa solemne na honra da Virxe do Carme (patroa dos mariñeiros) será ás 12:00 h. Arredor das 13:00 h (despois da misa) sairá a procesión cara o porto de Laxe. A procesión chegará ao porto aproximadamente entre as 13:30 e as 14:00 h. Nese momento terá lugar a representación do Simulacro diante da Virxe do Carme.
A continuación do naufraxio terá lugar a procesión marítima. Finalizada esta, a Procesión da Virxe do Carme regresará á Igrexa parroquial.

Unha documental do Naufraxio

Mandeo Records fixo unha fermosa documental hai varios anos que aínda está moi vixente:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios