Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Laxe queda sen cachela

Desfacendo a cachela de Laxe por imperativo municipal
Desfacendo a cachela de Laxe por imperativo municipal
Laxe queda sen cachela

Este domingo o lume enfeitizará moitas zonas da Costa da Morte, como podedes comprobar na #AxendaCostadaMorte do San Xoán. Pero non en Laxe.

Unha das primeiras actuacións do novo alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, é a denegación do permiso á Asociación Trikitrakes para facer cachela de San Xoán no campo do Escaravello. Unha festa que ademais estaba organizada polo propio concello, conxuntamente coa Asoc. Trikitrakes, ao estar integrada no proxecto reLáxese do anterior grupo de goberno. Pero o novo alcalde, despois de escoitar varias queixas de veciños, entende que é zona urbana, e que polas grandes dimensións da cachela pode ser perigosa para o entorno.

A situación dase despois dun traballo tremendo por parte da veciñanza, coa axuda da xente da Lumarea de Camariñas, para preparar unha cachela duns 20 metros de longo, ademais dunha gran sardiña de 12 metros.

A entidade entendía que o seguro de Responsabilidade Civil cubriría os hipotéticos problemas que puidesen xurdir. Problemas que non tiñan que ter pasado, como non pasaron o ano pasado, e como estaban preparando con aspersores mollando a zona todo o día, e coa mangueira perfectamente preparada para actual en caso de emerxencia.

A Asociación pon o exemplo de Carballo ou de Coruña, onde se fan cachelas moito máis grandes, e se preguntan se o novo concello vai ser tan extricto con outras festas.

En todo caso, á Asociación non lle queda outra que acatar o mandato da alcadía con respecto e proceder ao esmantelamento e limpeza da cachela.

En todo caso, as redes sociais botan lume, e os comentarios de todo tipo na páxina de FB dos Trikitrakes. O propio Jose Manuel Barcia Mira, que lembra que son “unha asociacion apolitica e sin animo de lucro”, recoñece que “estamos muy cansados, dolidos e desilusionados”.

Máis información

Comentarios