Luns. 06.05.2024
El tiempo

Laxe recuperará a súa futura carballeira na Insua

Proxecto Landras do CEIP Cabo da Area-Azibros
A rapazada do CEIP Cabo da Area plantando acibros na Insua en 2021 no marco do Proxecto Landras
Laxe recuperará a súa futura carballeira na Insua

A finais de maio, a plantación colectiva da Insua, en Laxe, aparecía medio destruida. Unha desfeita inexplicable, que danaba considerablemente o fermoso programa de educación ambiental “Proxecto Landras”, artellado entre o Concello, entidades e comunidade escolar. Árbores apadriñadas por alumn@s daban conta da importante concienciación ambiental que intenyaban trasladar con esta iniciativa.

A culpable pareceu ser unha “roza” ou “limpeza” iresponsable das administracións, que parece que recoñecen o erro e dan marcha atrás.

Así o explioca a coordinadora do proxecto, a Asociación Ambiental Contramínate, que tras solicitar un informe pericial para cuantificar os exemplares mortos e os custos de reposición, solicitou tanto ao Concello de Laxe e Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a restauración integral dos danos provocados, o saneamento e a limpeza efectiva do bosque para continuar desenvolvendo o “Proxecto Landras” e chegar a consolidalo.

Destrucion Carballeira Insua Laxe
Así aparecía o bosque o pasado mes de maio

As boas novas chegaron este mércores, cando o alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, informaba á entidade que, tras unha reunión cos responsables da limpeza, tanto o Concello como o Distrito Forestal, dependente da Consellería de Medio Rural comprométense a reparar o dano causado, restituíndo as árbores esnaquizadas, repoboando o bosque con especies autóctonas nas mesmas condicións nas que se atopaban e na época indicada para facelo.

Dende Contramínate ven “con alivio e celebramos a resposta responsable da alcaldía para solucionar o problema. Esta resolución valora e ten en conta o traballo desenvolvido polos escolares de Laxe ao longo de seis anos de plantación para enriquecer un bosque que xa senten como seu”.
As, danse por “satisfeitas dado que se vai restituír o dano apostando por unha educación de respecto á natureza, da que formamos parte”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios