Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe rehabilita o muíño de vento de “Manolo do Rei”

Laxe rehabilita o muíño de vento de “Manolo do Rei”
Estado actual do muíño vento de Laxe, situado no no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa-Foto-Mon Daporta Estado actual do muíño vento de Laxe, situado no no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa-Foto-Mon Daporta Gracias ao impulso municipal e a unha axuda da Deputación de 120.000€, Laxe vai rehabilitar o muíño de vento da localidade, coñecido como o de “Manolo do Rei”. Ambas entidades teñen claro que se trata “un recurso único na Costa da Morte”, polo seu sistema de moa a base de engranaxes independentes e velas de lenzo triangulares como as que tiñan os barcos. Trátase pois dunha aposta pola recuperación dun inmoble singular do patrimonio histórico, cultural e etnográfico de Laxe, que sirva como reclamo turístico, xa que se ubica no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa, que ofrece unhas interesantes vistas panorámicas do pobo.

Moita historia

Muino de vento de Laxe foto historica Foto histórica do Muíño de Santa Rosa, coñecido como o de Manolo do Rei O muíño foi construído en 1924 polo laxense Manuel Ramos Mesías e funcionou até 1936. Actualmente está catalogado como ben de patrimonio arquitectónico municipal con protección ambiental. A día de hoxe o Concello de Laxe conta co ofrecemento de cesión gratuíta e a autorización dos propietarios actuais, para poder emprender as actuacións que sexan precisas para a consecución deste proxecto tanto no muíño como na súa contorna. Entre os seus compoñentes, conta con elementos construtivos e mecánicos moi peculiares coma o sistema de moa, o mesado de madeira no interior sobre o que se asentaban as moas, feitas en pedra do país, velas triangulares de lenzo, como as dos barcos, cuberta orixinal de cinc, xiratoria por medio de rodas de madeira, ou o cataventos no extremo superior que permitía coñecer a dirección do vento dende o interior. Entre as melloras previstas, realizaranse actuacións previas de limpeza e desbroce do interior, do exterior e do camiño que inclúe a reparación do sendeiro e das rampas de acceso, reconstruirase o interior e exterior do muíño en función dos planos orixinais da maquinaria e do legado fotográfico-histórico, mantendo e restaurando os cimentos orixinais con portas e ventás contrapostas, levarase a cabo a recuperación da estrutura da cuberta de cinc e reelaborarase e colocarase a maquinaria (veleta, velas, cordames, caixóns de millo e fariña, moas de pedra...) de xeito que o muíño recupere o seu aspecto orixinal e a súa funcionalidade.  

Unha nave

Ademais, a Deputación da Coruña e o Concello de Laxe asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración por importe de 98.000 euros para a adquisición dunha nave industrial de 622 metros cadrados e unha parcela libre de 907 metros cadrados para usos municipais 98.000 euros para adquirir unha nave para usos municipais. Ademais dende Laxe formularon a necesidade de asumir obras de reparación dun local social na parroquia de Santiago de Traba.

Fonte

Comentarios