Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe tamén aposta polo turismo industrial recuperando a historia dos seus Kaolines

Laxe tamén aposta polo turismo industrial recuperando a historia dos seus Kaolines
Foto das intalacions de Kaolines Lage na praia-Foto-Asociacion Buxa Foto das intalacions de Kaolines Lage na praia-Foto-Asociacion Buxa

Despois de coñecer o acordo ente Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe pola recuperación o legado mineiro e xeolóxico da vila laxeira, o Concello dá máis pistas da súa aposta. Durante esta primavera científica e cultural, enmarcada no ambicioso programa Reláxese, ademais de de apostar polo jazz, pola gastronomía, polo patrimonio fotográfico e de darlle un a href=https://quepasanacosta.gal/laxe-impulsa-o-plan-de-conservacion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela/>impulso aos Penedos de Traba e Pasareal, fai patente o seu propósito de promove o Turismo Industrial.

Para iso, as minas de caolín de Laxe volverán ser protagonistas, como son dese documental “Kaolines de Lage”. O vindeiro venres 15 de xuño, ás 20:00 da tarde haberá unha interesantísima mesa redonda con Jorge Fernández Suárez, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, e Juan José López, Director de Caolines de Vimianzo. Levará por título “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”.

Ó día seguinte, sábado 16, ás 10:00h, está prevista unha excursión ós vestixios da mina de caolín de Laxe. A continuación visita ó proceso produtivo de caolíns de Vimianzo. A inscrición previa é imprescindible, e pode formalizarse dende a páxina web oficial www.concellodelaxe.com.

Historia da fotografía: O Fondo Fotográfico Vidal

O Fondo Vidal , e a fotografía, terán tamén presenza dentro da programación de carácter cultural. Farano a través de sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente.

Novas relacionadas

Máis novas laxeiras

Fonte

Comentarios