Laxe tamén ofrece arte

08:25 05/08/13

Laxe ademais de gastronomía e praias ofrécenos unha variada oferta cultural este verán. Proba diso é o "Taller de arte de María Rodríguez Mira" onde se ofrece unha exposición de pintura realizada polos alumnos da mestra, na que nos mostran algunha das súas obras máis recentes.
As técnicas empregadas son variadas resaltando o uso de area de praia e óleo, aínda que a maioría son óleos sobre lenzo e debuxos de lápices de cores e carboncillo.
A exposición permanecerá aberta ao público durante o mes de agosto do día 3 ao próximo día 15 no local de Cáritas na rúa Rosalía de Castro número 16 de Laxe.
E nela podemos ver obras de, Celia Allo, Elena Ramos, Celia Mira, Antonio de la Cruz, Puri Miñones, Candela Martínez e María Lema.

Fonte
Fonte
- Información e fotos de José Manuel Ojén.