sábado. 03.05.2025
El tiempo

Laxe tamén se apunta á febre da Cervexa Artesá

Laxe tamén se apunta á febre da Cervexa Artesá
Festa da Cervexa Artesa de Laxe 2016

Tralo éxito da primeira edición costeira da Festa da Cervexa Artesá, é agora o Concello de Laxe o que se apunta á febre deste líquido elemento. Así, Laxe acollerá a Festa da Cervexa artesá da Costa da Morte durante primeiro fin de semana de agosto (5, 6 e 7), coincidiendo coa celebración do Mercado Pirata.

A mesma contará con media ducia de fabricantes, máis de 60 variedades de cervexa artesá basadas en recetas tradicionais de todo o mundo, especialmente de Reino Unido, Bélgica, Alemania, República Checa ou EEUU.

A festa complementaráse cunha Feira de Artesanía cuns 25 postos de artesáns e integrará todo o que ata o momento se viña facendo da Festa Pirata. Contará ademáis con actividades complementarias como cursos de fabricación e de cata gratuitos.

Presentacion da Festa da Cerveza Artesanal da Costa Morte que se celebrara en Laxe Presentación da Festa da Cerveza Artesanal da Costa Morte que se celebrará en Laxe  

Colaborando entre Laxe e Santa Comba

Miguel Caamano Teniente Alcalde Sta Comba co alcalde Ucha Velo e o alcalde de Laxe Mouzo Castineira Miguel Caamaño, Teniente Alcalde Sta Comba co alcalde Ucha Velo e o alcalde de Laxe, Mouzo Castineira

Para a consecución da Feira cervexeira, foi clave a visita do alcalde de Laxe José Manuel Mouzo, a Santa Comba invitado por Jose Antonio Ucha, na formalización dunha visita institucional que estaba pendente despois de diversos encontros entre os dous rexidores en diferentes xuntanzas tanto de partido como da Deputación. O Concello de Santa Comba xa respostara positivamente a chamada do Concello de Laxe o pasado verán para a cesión de diversos material que lle aforrou o noso concello importantes costes económicos. Por iso, ademais de coñecer os medios disponibles e as instalacións do concello xalleiro, pretendíase sentalas bases para a coordinación conxunta e cesión de medios materiais entre ambas institucións que permitan ofrecer máis servizos sen que repercutan nas arcas municipais e por conseguiente no bolsillo dos cidadás.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios