Laxe ultima os preparativos para un fin de ano especial
10:57 28/12/10
Este mércores 29 de decembro o Concello de Laxe celebra a clausura dos xa tradicionais obradoiros infantís de Nadal. Este ano, igual que os anteriores, adicaron varios días a realización de diferentes tarefas manuais cos mais cativos e, como novidade, introduciron a preparación duns orixinais villancicos de Nadal que mañá, como último día, cantarán dentro da Casa do Concello.
A xornada de clausura comezará ás 10.30 na Aula Municipal de Informática onde os nenos e nenas se ocuparán de transformar caixas de cartón en desuso en fermosas bolsas de agasallo con motivos de Nadal. Feita esta tarefa, e preto das 12.30 camiñarán cara o Concello onde porán en escena o aprendizaxe musical que levaron a cabo estes días.
Tamén aproveitarán para desprega-lo gran mural de Nadal que fixeron durante estas xornadas de obradoiro e que permanecerá colgado no interior da Casa do Concello decorando as dependencias municipais durante estes días de festa, á vista de tódolos veciños e veciñas que se acheguen ó Concello.
Ultimando os detalles de fin de ano
Ademais, o Concello segue preparando un fin de ano moi especial. Celebrarase para elo unha gran festa á que están invitadas todas as persoas da vila de Laxe, así coma todas aquelas outras que queiran acompañarnos nesa noite tan chea de Rememorando as grandes festas levadas á cabo no Mesón O Labrador de Laxe, este reabrirá as súas portas en exclusiva dita noite para celebrar a entrada do novo ano 2011. A partires da unha da mañá do 1 de Xaneiro do 2011, contarán un ano máis coa actuación e novos éxitos do Tren da Unha Show, non faltando, por suposto, a música e a boa bebida durante toda a noite.Fonte
- Concello de Laxe.