Martes. 19.11.2019
El tiempo

Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia

Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia
Manifestacion por unha solicion ao porto e a praia de Laxe Manifestación por unha solución ao porto e a praia de Laxe

Volveu unirse o pobo de Laxe, unha vez máis, arredor da demanda do seu porto. Unha nova manifestación, ao unísono, entre todos os grupos municipais, para reivindicar a necesaria actuación no porto de Laxe, e evitar tamén o problema cos áridos da praia. Un problema que vén de lonxe, pero parece que as administracións non fan demasiado caso, e nin sequera realizan as promesas que fan, como o dragado do porto, prometido en febreiro.

A manifestación transcorreu con normalidade, con bastante alta participación, con moita xente de Laxe pero tamén varios representantes municipais de concellos de veciños que se unen á causa.

Mouzo Castineira Alcalde de Laxe lendo o manifesto Mouzo Castiñeira, Alcalde de Laxe, lendo o manifesto

Segue sen haber novidades de Portos nas últimas semanas, e cara eles falou o alcalde no manifesto, facendo incidencia na necesidade de “deixar a un lado as diferenzas e cores políticos para pedir xuntos unha solución definitiva para o porto e a praia de Laxe”. Tivo tempo o alcalde para recordar ese dragado prometido en primavera, e lamentou que o argumento de Portos a estas alturas para non levalo adiante fose que o porto está en Rede Natura, como se non estivese xa o día da promesa.

Mouzo Castiñeira lembrou que “non se trata de un efecto da natureza senón das consecuencias que provocan un dique construido polo home”. Pediu que “é máis que ter unha praia bonita, trátase da seguridade da nosa xente”. “Calar significa aceptar e Laxe non acepta esta situación, queremos unha solución definitiva para o porto e praia de Laxe Xa! Seguiremos mobilizándonos ata que consigamos algo”, aseguraba o alcalde.

Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia 1 Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia Leiceaga con Loli Toja en Laxe Leiceaga con Loli Toja en Laxe  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios