O Armador Ito Antelo, novo protagonista da serie #EusonCamariñas

Xa coñecimos de preto a Luna Suárez, a Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, e tamén Víctor Fernández Alves, o guía da iniciativa Eu Son Camariñas, esta mirada pausada aos protagonistas da vida real de Camariñas.
Hoxe, xa a podedes ver en eusoncamarinas.es, fan parada no peirao, para falar longo e tendido con Evaristo Antelo, ‘Ito’, armador e patrón do buque Apostol.
Ito, que percorreu medio mundo como mercante, leva 10 anos traballando na casa nunha embarcación do cerco. Percorre a súa historia, vinculada ao mar dende pequeno pola familia, fala do presente e do futuro da pesca e fai fincapé no esforzo da xente do mar para manter a dignidade da profesión.
Ito fala das problemáticas levamos analizando arredor da problemática do Relevo Xeracional no Mar, como as cotas ou os cupos, e tamén considera ridículo o Novo Regulamento de Control Europeo, pois considera que "convirte os barcos nun Gran Hermano". Fanche sentir como se foches un delincuente", lamenta.
Eu son Camariñas
- Luna Suárez, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’.
- Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, 3 sanitarias que son Camariñas:
- O escritor Víctor Fernández Alves, protagonista da reactivación do programa audiovisual #EusonCamariñas.
- Os maiores recuperaron a memoria do Entroido camariñán a través da rede.
Novas sobre o mar
- Relevo Xeracional no Mar de Muxía para un armador aos 28 anos: ”A min tiroume dende o principio” .
- Relevo Xeracional no Mar de Muxía: “Do mar se vive moi dignamente. Pero imos cara á destrución do sector”.
- Relevo xeracional no mar de Laxe: “Non peleo máis” .
- Relevo xeracional no mar de Muros: “As nefastas políticas pesqueiras e a incerteza laboral acaban con nós” .
- Relevo Xeracional no mar en Malpica: "Por mor das cotas, tes un barco para ir á pescada e acabas apartando dela”.