Venres. 26.04.2024
El tiempo

A música en directo volve á Ventana de Laxe

Adrian Costa na Ventana de Laxe 2021
Adrián Costa abriu a temporada ventaneira 2021
A música en directo volve á Ventana de Laxe

Tardou, pero xa está aquí. O novo ciclo ventanero de música en directo arrincaba este pasado sábado con Adrián Costa, nun concerto cheo de blues. Foi o primeiro dos 10 concertos que se van celebrar na Ventana da Laxe de aquí a mediados de decembro, no marco do pograma da Xunta “Música en salas”.

A sala bergantiñá é unha das salas coruñesas que forma parte deste programa xunto grandes mitos da música como as herculinas Garufa Club, Mardi Gras e o Jazz Filloa. Xuntas forman este circuito pensado para reimpulsar a recuperación da actividade musiqueira.

Durante este mes novembro pasarán por Laxe varias mulleres, como a multidiscplinar Mamen Bazarra, que pasea polas músicas latinoamericanas bossanova, bolero e rumba e que xa estará esta moite de venres. A seguinte en pasar, o día 19, será a galaico-suíza Natasia Zürcher, que atopa inspiración no blues, funk e soul. O 20 tócalle á coruñesa Silvia Penide, compositora e referente do pop acústico galego e nacional; e o 26 será o turno da camariñá Belém Tajes, ex-vocalista de Luar na Lubre que ao fronte do Belém Tajes Trío volve a mirada cara ás súas orixes galaico-arxentinas.

O mes de decembro tamén terá voces femininas, como o de Sofía Espiñeira, as costeiras Caamaño e Ameixenras, ou as punkis Antonias, que compartirán escenario con Palo Lesuit e Os Peregrinos.

Os concertos son ás 23:30h e a entrada é de balde ata completar aforo.

Programa da Ventana de Laxe

Comentarios