O Naufraxio de Laxe celebrou o seu 60º aniversario homenaxeando a Avelino Lema
Finado en plena pandemia en setembro de 2020, o impulsor do Naufraxio de Laxe aínda non tivera a súa homenaxe. De aí que Laxe decidise realizar este pasado 17 de agosto unha rendida homenaxe a Avelino Lema, o home que trouxo hai 60 anos esta tradición dende o Perú.
Unha festa que ademais de reclamo turístico é sobre todo un sentimento para a xente da vila.
Foi no marco do 60º aniversario do Simulacro do Naufraxio de Laxe, un dos ecentos salgados máis singulares da comarca. A recreación, enmarcada nas festas patronais de Laxe, está declarada de Interese Turístico de Galicia e reuniu a centos de persoas no porto.
A actividade arrincou coa homenaxe a Avelino previa celebración da misa solemne pola Virxe do Carme. Posteriormente foi interpretada unha Salve Mariñeira por Antonio Barros en memoria de todos os náufragos para dar paso á procesión da Virxe por terra ata o porto, onde se representou o Naufraxio ante as centos de persoas que ateigaban, como cada ano, o peirao.
Despois da función tivo lugar a procesión marítima.
Novas do Naufraxio de Laxe
- 13-09-20: Morreu Alvelino, a alma do Naufraxio.
- Agosto 17: Laxe viviu o seu milagreiro Naufraxio.
- Caderno de Bitácora, a documental que completa a triloxía do Mar de Laxe.
- O Naufraxio de Laxe protagonista dunha documental con 50 anos de historia .