Novos roubos de cable de cobre, desta volta en Laxe
09:46 02/03/11
Como pasara a semana pasada en Vimianzo, Axentes da Garda Civil de Laxe sorprenderon antonte a dous individuos que viaxaban nun turismo pola citada localidade e en cuxo maleteiro levaban 93 quilos de cable de cobre supostamente roubado, xa que en ningún momento os agora imputados foron capaces de xustificar a súa procedencia.
I é que estamos no momento da historia no que o prezo do cobre está máis caro.
Tanto o material intervido como os detidos e as dilixencias foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Tres de Carballo, baixo a imputación dun delito de furto.
Novas relacionadas
- Sorprendidos en Vimianzo cando queimaban cable de cobre roubado.
- Imputados catro mozos por roubar no CEIP da Ponte do Porto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).