O BNG de Laxe considera prioritario acondicionar o cemiterio

07:35 31/10/13

Tempo de difuntos e nunca mellor traída a proposta do BNG para que o Concello a inclúa no Plan de Obras e Servizos da Deputación para o vindeiro 2014. O BNG laxense solicita o acondicionamento do cemiterio municipal.
E fai a proposta despois de que se aprobara a Ordenanza do Cemiterio Municipal de Laxe presentada polo propi grupo opositor, que contempla a responsabilidade do Concello no mantemento das zonas comúns. E dado que ditas zonas nunca foron reparadas desde que foi construido o Cemiterio hai xa bastantes anos, presentando éstas un estado máis que deplorabel, consideran esta obra "prioritaria".
A proposta inclúe varias accións de pavimentado… que suman un total de 30.000€.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.