Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa

O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa

A problemática vén de lonxe. Dende 2010 os áridos veñen tomando o paseo, convertindo nunha loita política unha problemática municipal.

O BNG, un dos que máis levanta a voz por este asunto, vén de convocar unha manifestación este xoves 5 de abril, "en defensa da praia e do porto deste concello". A reivindicación, que dará comezo ás 12:00 horas na praza dos voluntarios, esixe "a Portos de Galiza que solucione o problema da praia e do porto de Laxe, XA!!".

I é que dende o grupo da oposición consideran que a vía institucional está agotada, unha vez que xa teñen preguntado no Parlamento de Galicia, no Congreso dos Deputados e mesmo no Parlamento Europeo. Polo de agora sen resposta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios