O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte


Máis dun ano leva o pobo de Laxe pedindo unha solución ao problema cos áridos no porto e na praia. Unha loita comandada polo BNG, que xa esgotou todas as vías institucionais e pide agora unha mobilización cidadá. Así, o grupo da oposición vai presentar unha moción no Pleno para que sexan todos os grupos os que convoquen unha manifestación para o vindeiro xoves de Semana Santa, 5 de abril de 2012 ás 12:00h.
Iso si, considera fundamentais tres apoios: o da Confraría de Laxe, "debe ser a primeira entidade que se sume a esta mobilización, xa que eles son os principias implicados"; o tecido asociativo de Laxe e a Plataforma na Defensa da Costa da Morte.
Máis dun ano de loita
Non entenden dende a oposición que as obras non se teñan xa realizado. "E máis despois de que o Partido Popular apoiase e votase a favor unha Proposición non de Lei do BNG no Parlamento de Galicia na que se comprometía a executar de forma urxente (setembro 2.011) as obras do novo dique e a limpeza das dunas".
I é que a problemática pasou por todos os responsables do BNG nas institucións (Aymerich, Ana Miranda, Jorquera) sen resultado, e Parlamento Galego, Parlamento Europeo e Congreso trataron o asunto, pero sen solucións prácticas.
Agora, afirma o BNG, que o PP conta co poder en Costas e na Xunta de Galicia, non entende por que non desenvolve as obras dunha vez.
Novas relacionadas
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.