Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O Campionato Nacional de Socorrismo trouxo a Laxe deporte, valores e economía

O Campionato Nacional de Socorrismo trouxo a Laxe deporte, valores e economía
Socorrismo en Laxe 7

Converter Laxe na capital do socorrismo é moito máis que deporte. A vila bergantiñá acollía o Campionato Galego e Nacional de Socorrismo estas pasadas fins de semana, un fantástico xeito de aproveitar o tirón deportivo como foco de atracción turística. Unha política que tan ben resulta en outros concellos como Dumbría.

Valoran dende o goberno municipal “o impacto directo e inmediato sobre a economía da zona”, pois había xente aloxada en Santa Comba, Baio, Neaño, Cee… E os restaurantes e bares tiveron choio abondo estes días. Pero van máis alá dende o Concello. “É unha oportunidade para dar a coñecer o noso pobo. Moitas persoas, que era a primeira vez que viñan, dixéronnos que volverán sen dúbida. É dicir, impacto inmediato e por suposto futuro, sinala a concelleira Loli Toja.

Valores

Se a semana pasada eran 200 participantes, esta fin de semana completaron o medio millar os membros de 33 clubes de once comunidades autónomas diferentes.

Cómpre ver as imaxes para ver ver o esforzo dos participantes en cada proba, chegando a piques de estoupar, on grandes dificultades ademais para aclimatarse ás augas norteñas (había participantes de Tenerife, Alacante…) De feito, unha das anécdotas protagonizouna unha moza do sur que ía empezar a súa participación e sufría unha picadura de faneca. Choraba porque tiña que participar e despois de acodir ao posto de socorristas, e quitar os “pinchos”, marchou correndo á proba.

Un exemplo fantástico para a mocidade de toda a contorna que compartiron a praia estes días. Unha boa reflexión a que fixeron moitos, pois detrás de chegar ata un Campionato Nacional hai moitos adestramentos, moito esforzo, e esa convivencia entre bañistas e competidores quedará para a lembranza.

Dende Laxe queren recoñecer a importancia dos patrocinadores como Eroski, o único patrocinador local, ademais de Reneymar ou Bodegas Carballo. E sobre todo, a implicación de xentes de Protección Civil, Policía Local, o servizo de limpeza e todo o persoal do Concello e [email protected]

Socorrismo en Laxe 3 Socorrismo en Laxe 7 Socorrismo en Laxe 6 Socorrismo en Laxe Socorrismo en Laxe 2

Resultados

O gran triunfador do Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Acuático foi o Club Marisma de Santander (Cantabria), cuxos deportistas foron os que máis veces se subiron ao pódium. Outros destacados foron o tamén Cántabro Club Noja Praia Dourada de Santander, o Club Alcarreño de Salvamento de Guadalajara e o galego SASA-Salvamento Sada da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios