Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Laxe celebra de novo o Día da Árbore

O Concello de Laxe celebra de novo o Día da Árbore

O Concello de Laxe vén de presentar dúas iniciativas pensadas para os máis pequenos, e máis para conciliar a vida familiar en temporada de Semana Santa. Así, ademais dos talleres infantís para esas datas, o Concello celebra o Día da Árbore, que terá lugar estes 21 e 22 de marzo.

As que celebren, como cada ano, o sinalado día, serán as escolas de infantil e primaria, CPI Cabo da Area e E.U. da Torre e Traba. Con el tentarán conmemorar un Día Mundial coma é o da árbore ou Día Forestal Mundial, contribuír á concienciación ambiental dos rapaces de menor idade escolarizados, recuperar e manter tradicións na plantación de árbores de Laxe, marcadas polo reparto de pan e chocolate entre os participantes na actividade, ademais de incrementar a flora do concello, mellorando con elo o medio que nos rodea.

Actividades de varios tipos

As actividades prantexadas son as seguintes:

1 - Plantación dunha árbore por parte dos máis pequenos do colexio nos respectivos patios de cada colexio:
O luns 21 de marzo, no CPI Cabo da Area, ao redor das 10:30 horas o alumnado dos cursos de infantil, un total de 47 rapaces e rapazas, xunto co profesorado destes, colaborarán na plantación dun olivo no patio do colexio, mentres que, a partires das 11:00 horas, na Escola Unitaria de Torre, os rapaces de infantil e primeiros dous cursos de primaria, xunto coa Animadora Sociocultural do concello, Tamara Salvadores, e a profesora da escola, levarán a cabo a plantación dun carballo.
O martes 22 de marzo, a partires das 11:00 horas, levarase a cabo a plantación dunha maceira na Escola Unitaria da Traba.

2 - Reparto de pan e chocolate. Co gallo de recuperar e manter as tradicións na celebración escolar do Día da Árbore no noso concello que recordan os nosos maiores, repartirase pan e chocolate entre todos e todas os/as alumnos/as e profesorado participantes nas plantacións.

3 - Actividades transversais. No CPI Cabo da Area, será o profesorado o que se encargue de pór en marcha outras actividades paralelas co alumnado que contribúan a incrementar o coñecemento sobre o medio, e máis en concreto sobre as árbores, mentres que na E.U. da Torre e de Traba, será a profesora xunto coa animadora sociocultural do concello, Tamara Salvadores, quenes se encarguen de organizar e desenvolver un obradoiro ao redor da árbore que plantarán, consistente na lectura e elaboración colectiva do conto “ A árbore máxica” e un mural.

Laxe concilia

O Concello de Laxe, coa intención de contribuír a mellora da conciliación familiar e laboral, ten previsto realizar actividades lúdicas infantiles durante a Semana Santa. Os talleres, dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos de idade terán lugar os días 2, 3 e 4 de abril no Local Social de Laxe entre as 11.00 e as 14.00 horas.
As prazas son limitadas, así que calquera familia que queira acollerse ó programa deberá formalizar a inscrición do/a menor na Casa do Concello antes do 30 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe.

Comentarios