Venres. 19.04.2024
El tiempo

O jazz volve a Laxe

O jazz volve a Laxe
sons do museo laxe relaxese 2018

Canto lembran aquel auténtico Atalajazz que facía vibrar de música a vila de Laxe. Pois o jazz está de volta na vila laxeira. A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe quere apostar, no marco do Reláxese18, por unha primavera en clave científica e cultural. E aí é onde aparece o turismo cultural, para resaltar a cultura culinuaria (están en marcha estes días as Xornadas Con X de Peixe), a cultura histórico-fotográfica (coa recuperación do Fondo Fotográfico Vidal, e a música.

Así, “Os sons do Museo“ traerá varias noites de Jazz no Museo do Mar, dando máis vida a un fermoso espazo recuperado para a vida social. Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas. O público poderá desfrutar dende o 13 de abril ata o 22 de xuño, dun total de cinco concertos:

Venres 13 de abril : Valentín Caamaño Trío (Jazz Galego) Venres 27 de abril: Andrés Rivas Trío (Jazz Galego) Venres 18 de maio: Bueno Chico (Blues Rock) Venres 8 de xuño: Malasombra Jazz (Jazz Galego) Venres 22 de xuño: Acuña’s Quartet (Jazz)

Novas reacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios