Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca

O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca
O Naufraxio de Laxe-Foto de Tani Carreira Rial para QPC

Xa é, dende o pasado mes de xullo, unha das 9 Festas Galegas de Interese Turístico da Costa da Morte. E non é para menos, cando falamos dunha festa con máis de 50 anos de historia, na que se mestura a devoción, co teatro, a festa e o mar, sempre o mar. I é que a dignificación da profesión de mariñeiro é o meirande obxectivo do evento.

O Naufraxio de Laxe ten lugar cada 17 de agosto no peirao bergantiñán, e como este pasado sábado, milleiros de persoas de toda Galicia agólpanse plas rochas para disfrutar do espectáculo. Trátase da representación dun naufraxio, parte da indiosincrasia da Costa da Morte, nunha pequena gamela, do que salvan todos os tripulantes (os mariñeiros, os verdadeiros protagonistas) agás un. É aí onde emerxe a figura da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, para obrar a milagre e resucitalo.

Foi o cumio do día, cunha emoción que sacaba as bágoas dos máis fieis, para dar paso a unha procesión marítima onde este ano todos os tripulantes, veciños, turistas e mariñeiros, tiveron que vestir o salvavidas.
A ofrenda floral no medio da ría deu paso a que as grandes festas de Laxe afrontaran a súa recta final tras varios días de troula.

Máis de 50 anos con Avelino

A historia do Naufraxio ten un nome propio. Avelino Lema voltou hai máis de 50 anos de varios anos emigrado no Perú. E aló vivíu un evento moi semellante que quixo trasladar á súa vila mariñeira. E así, o Naufraxio de Laxe, hoxendía xa é unha lenda en Galicia.

Mandeo Records fixo unha fermosa documental hai un par de anos que aínda está moi vixente:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios