O PSOE de Bergantiños enumera os esquecementos dos orzamentos da Xunta na comarca
06:54 12/12/16
Que diferentes as lecturas costeiras dos Orzamentos da Xunta para o 2017. O PP aseguraba que reforzan o compromiso da Xunta de Galicia coa continuación da autovía da Costa da Morte ata Vimianzo, mentres que o BNG denuncia o esquecemento da comarca.
Vén de facer valoración o PSOE comarcal tras unha mantiña unha reunión cos representantes de Bergantiños. E a conclusión é rotunda: “os orzamentos da Xunta 2017 non só non benefician á Comarca, senón que van a agravar a situación na que se atopa: fallan medidas concretas para remontar a crise demográfica”.
Considera o grupo da oposición que “os orzamentos son precipitados, escasamente ambiciosos e profundamente continuistas. Non se entende o trato dado por este Goberno a Comarca, que leva olvidada dende que Feijoó é Presidente”.
E dan “exemplos de que responden todas elas á cobertura de necesidades básicas, saneamento, educación, dependencia, sanidade e atención a emerxencias e que non están recollidas nos orzamentos”. “Non pedimos grandes proxectos, simplemente cobertura de necesidades básicas”, destaca a deputada Loli Toja mentres conta as seguintes carencias:
- Para Laxe, non se contempla o Centro de dia, nin a solución definitivas para o porto. Únicamente a dragaxe, que xa estaba no ano anterior, que non se puido levar a cabo, por ser o porto unha ZEPA. Se dota unha partida para calar a xente, pero non hai intención real de solucionar o problema. En Laxe se sufren inundacións cada vez que chove, e iso non se vai resolver cunha dragaxe.
- Para Laracha: non se contempla, entre outras, ampliación do CEIP Otero Pedraio.
- Para Ponteceso, urxen 77.000 € para a Ponte da Garga, trátase dunha emerxencia, nin un euro para saneamento de Corme.
- Para Coristanco: é necesaria unha reforma integral da rede de abastacemento e saneamento (construción de depuradoras, estación de potabilización de aguas)
- Para Carballo, a variante de Carballo- Santiago. A comunicación con Santiago e Sur de Galicia é mala, a importancia relativa en términos poboacionais fai preciso o desenvolvemento desta Variante. Tamén é necesario un novo centro de atención primaria, comarcal, que permita ampliar a atención especializada.
- O BNG denuncia que a Xunta esquece á Costa da Morte nos Orzamentos de 2017.
- O PP da Costa da Morte fai valoración dos presupostos da Xunta.
Fonte
- PSOE.