Venres. 29.03.2024
El tiempo

O teatro abre en Laxe as portas do novo curso

O teatro abre en Laxe as portas do novo curso

Dende o Departamento de Cultura do Concello laxense infórmannos que a Escola Municipal de Teatro de Laxe comeza un novo curso onde o alumnado poderá adquirir habilidades de expresión corporal e oral, realizar obradoiros de maquillaxe, son, iluminación, atrezo e producción, poñer en escena unha obra e facer representacións por toda Galicia así coma intercambios con outras comunidades.

Os grupos de educación infantil, educación primaria e adultos formaranse cos interesados/as que cumplimenten a folla de inscrición e a cesión dos dereitos de imaxe, así coma a autorización pertinente no caso dos menores de idade. Esta documentación, requisito indispensable para formalizala matrícula, estará dispoñible durante todo o mes de setembro nas oficinas xerais da Casa do Concello de Laxe.

A presentación e inauguración oficial do curso 2011/2012 da Escola Municipal de Teatro de Laxe terá lugar o vindeiro 7 de outubro ás 18.00 horas no Salón de Actos Municipal.

Como medio para impulsala cultura e mesmo establecer vínculos de amizade animan a tódolos veciños e veciñas interesados/as a que participen na Escola de Teatro neste novo curso que está a piques de comezar.

Máis información e inscricións

  • Escola Municipal de Teatro de Laxe, na Avda. Cesáreo Pondal, nº 26.
    - Teléfono: 981 706 903.
    - [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de María José Mato, responsable das Áreas de Turismo e Cultura do Concello de Laxe.

Comentarios