O teatro abre en Laxe as portas do novo curso
Dende o Departamento de Cultura do Concello laxense infórmannos que a Escola Municipal de Teatro de Laxe comeza un novo curso onde o alumnado poderá adquirir habilidades de expresión corporal e oral, realizar obradoiros de maquillaxe, son, iluminación, atrezo e producción, poñer en escena unha obra e facer representacións por toda Galicia así coma intercambios con outras comunidades.
Os grupos de educación infantil, educación primaria e adultos formaranse cos interesados/as que cumplimenten a folla de inscrición e a cesión dos dereitos de imaxe, así coma a autorización pertinente no caso dos menores de idade. Esta documentación, requisito indispensable para formalizala matrícula, estará dispoñible durante todo o mes de setembro nas oficinas xerais da Casa do Concello de Laxe.
A presentación e inauguración oficial do curso 2011/2012 da Escola Municipal de Teatro de Laxe terá lugar o vindeiro 7 de outubro ás 18.00 horas no Salón de Actos Municipal.
Como medio para impulsala cultura e mesmo establecer vínculos de amizade animan a tódolos veciños e veciñas interesados/as a que participen na Escola de Teatro neste novo curso que está a piques de comezar.
Máis información e inscricións
- Escola Municipal de Teatro de Laxe, na Avda. Cesáreo Pondal, nº 26.
- Teléfono: 981 706 903.
- [email protected].
Novas relacionadas
- Comeza un curso con recortes e ilusión.
- Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- Milagre en Laxe un ano máis.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación.
Fonte
- Nota de prensa da man de María José Mato, responsable das Áreas de Turismo e Cultura do Concello de Laxe.
- Teléfono: 981 706 903.
- [email protected].