Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un Obradoiro de podcast para o alumnado de Laxe

Obradoiro de podcast en laxe
Un Obradoiro de podcast para o alumnado de Laxe

Fantástica oportunidade que se lle abre á rapazada de 6º de Primaria do CPI de Laxe. Coa axuda dos técnicos de Cultura do concello e coa colaboración do Servizo de bibliotecas dá Xunta, van poder realizar un obradoiro creativo de podcast. O obradoiro consistirá en tratar de aprender a empregar as técnicas de teatro e dobraxe, e lendo en voz alta crear e gravar un podcast.

O horario será dás 10:00 ás 11:45 deste venres día 24, sen dúbida algo novo para estes mozos que empezan a ser usuarios do mundo dixital.

Unha ocasión ademais, tendo en conta que Laxe conta cunha emisora municipal, ata agora, apagada.

Cultura

O sábado 25 chegará a quenda dos máis pequenos da casa, con idades comprendidas desde os 4 aos 11 anos, que ás 19:30 poderán gozar no Salón de Actos do Concello coa obra “O Libro Vivo”, un espectáculo que nos manterá intrigados aproximadamente durante 60 minutos, que conterá un pouquiño de todo, Monicreques, Maxia, Animación, Clown e Música en directo. A historia comeza cun libro “ Máxico Xigante” nos cales aparecen fantásticos personaxes, que nos contan as súas historias, realizando maxia e algunha trasnada que outra.

clown en Laxe

Comentarios