Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Pepe Piña guía á TVG pola historia de Laxe

Pepe Pina con Luis Zahera
Pepe Piña con Luis Zahera
Pepe Piña guía á TVG pola historia de Laxe

Este sábado ás 19:00h, un novo programa a TVG, da man de Luís Zahera. O mítico actor galego fai de home de correos, visitando diferentes vilas de Galicia da man dun guía local. E "Sen código postal" quixo estrear a temporada en Laxe, e xunto con Pepe Piña.

O música local, prestixioso compositor da movida dos 80 (formou Semen Up con Alberto Comesaña, por exemplo), axudará a Zahera a descubrir aos a historia de Laxe a través das súas propias experiencias, da súa vida e cancións.

Seguro que nos deixa algún tema dos seus últimos traballos en solitario, reencarnados nos proxectos discográficos “Con el paso cambiado” (2015) e “Caminos de tierra” (2019), onde atopamos un Pepe Piña máis maduro e comprometido cos problemas coetáneos, máis poético e, como non, máis implicado en temas do amor e desamor.

Comentarios