Martes. 16.04.2024
El tiempo

Piden melloras no transporte público de Laxe

estrada-cp4001-coens-laxe
O Círculo de Podemos Laxe tamén reivindica a mellora da estrada CP-4001 que transcorre entre Castelo e Fornelos
Piden melloras no transporte público de Laxe

O Círculo de Podemos Laxe vén de enviar unha nota á Consellería de Transportes e Mobilidade da Xunta de Galicia na que indican varias reivindicacións en materia de transporte público. Entre elas están a mellora das conexións do municipio con Santiago de Compostela polo que solicitan a prolongación da liña de autobuses públicos Baio - Santiago ata a Laxe, así como a ampliación dos horarios da mesma. No escrito tamén falan da necesidade de potenciar a liña Fisterra - A Coruña

Nas reivindicacións tamén piden que a adminitración autonómica e a provincial cheguen a un acordo para a mellora da estrada CP4001 que comunica os lugares de Castrelo e Fornelos que, segundo indican, ten tres puntos perigosos (A Torre, Coéns e Fornelos) "que deberían de ser evitados coas correspondentes variantes".

Comentarios