Podemos Laxe organiza este sábado un Encontro Aberto para escoitar á veciñanza

11:00 18/01/23
Este sábado 21 de xaneiro, ás 19:00h, o Círculo de Podemos en Laxe celebra un encontro no local Valle Inclán para escoitar á veciñanza e fiar así as liñas de traballo principais do partido de cara ás eleccións municipais do 28 de maio.
Un encontro enmarcado no 9º aniversario do nacemento do partido, e mantendo esa liña aberta coa participación cidadá que caracteriza a marca.
O encontro servirá para presentar a equipa de traballo que lidera Fernando del Moral Regaldie de cara ás municipais.