Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fernando Regaldie será o candidato do Círculo de Podemos Laxe para as Municipais

Podemos en Laxe
Fernando Regaldie, no centro, con Antón Gómez nunha visita a Laxe co gallo dos problemas cos áridos
Fernando Regaldie será o candidato do Círculo de Podemos Laxe para as Municipais

Madrileño de nacemento pero con vínculos familiares e afectos con Laxe, a vila onde vive, Fernando Regaldie será o candidato do activo Círculo de Podemos Laxe á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2023.

”Espero estar á altura que Laxe merece, e aquí estou para escoitar todas as vosas inquedanzas, necesidades ou calquera cousa que sexan de interese xeral para o noso Concello”, sinalaba nas redes sociais.

Considera que “Laxe merece un cambio de dirección. Un goberno que se preocupe polos problemas reais da xente. Polo futuro dos máis novos e polo benestar da xente maior. Con industria que atraia traballo e que respecte o medio ambiente, dando a benvida ao turismo sen perxudicar á vida diaria dos e das laxense. Un goberno que leve a imaxinación ao poder”.

O Círculo de Podemos traballa en varios concellos para intentar sacar candidatura. Así, grupos buscan formar lista en Carballo, Cee, Fisterra ou Malpica.

Comentarios